martes, 15 de enero de 2008

Día 7


O último día do Nadal. Mal día.

Día 6


Hoxe levanteime ás 8:00 e fun ao salón a ver se estaban os agasallos e... ¡estaban aí! Espertei aos meus pais con axuda das miñas irmás e fomos a abrir os agasallos. Trouxéronme os seguintes agasallos: Un pedal (da marca Boss),uns cascos (para non molestar moito), 3 xogos da Play 2 ( o Smackdown vs Raw, o Fifa 2008 e o NBA 2K8) . Bó Nadal

Día 5


Hoxe foi un día moi aburrido. Non teño nada que contar.

Día 4


Hoxe foi día de descanso na miña casa, a miña madre non traballou e estivemos todo o día con ela. Comimos cos meus avós. E pola tarde estivemos en casa xogando ó ordenador e pelexando coas miñas irmás.

Día 3


Hoxe tiña aguxetas despois do torneo de onte. Pola mañá fun a Misa, comín en casa vin a WWE (world wrestling entertaiment) gustoume moito Undertaker vs. Víscera (agora Big Daddy) e Mark Henry. Gañou Undertaker a pesar de estar en desventaxa. Hoxe pasei todo o día na casa practicamente.

jueves, 10 de enero de 2008

Día 2



Hoxe pola tarde fun ao cine cuns amigos, iso é o único interesante que fixen en todo o dia. Os seus nomes eran: O Siska, o Pudu, o Tayo, o Carlos e o Eu. Guapilla a cosilla, eh? Pasámonolo bastante ben, fomos xogar aos birlos e comemos nun Mc Donald's. Un abrazo moi forte, Bita. Aquí va unha foto de Slash, de Guns n' Roses

Día 1


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡FEEEEEEEEELIIIIIIIIIIIZZZ 2008 BIIIITAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAaª!!!!!!!!!!!!!!!!! ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡YAAAAAAAA EEEEEESTAAAAAAMOOOOOOOSSSS EEEEEEEENN 2008!!!!!!!!!!! O meu primeiro almorzo do 2008 foron tostadas con aceite e o primeiro programa de telivisión que vin foi "Rock n' Roll Legends", que aparece na canle de tele da MTV, que vén con Dixital Plus. A primeira mosca que matei foi unha que se me puxo na man. A primeira persoa á que vin foi á miña nai, porque eu ás 11.00 seguía durmido e ela viño a espertarme. E a primeira entrada do caderno de bitácora foi esta, así que Feliz 2008 e moita merda. Chao Bita.

Día 31


Dentro de doce horas máis ou menos será 2008. Todo o mundo está preparado. Os políticos preparán novas falsas promesas para o novo ano, as centrais das empresas telefónicas (todas menos a de Yoigo, que non ten nin medio cliente) prepáranse para a avalancha de mensaxes que sacudirá o novo ano do estilo de "Feliz 2008" ou "Os mellores desexos para este ano novo" ou tamén "Que este 2008 depárevos o mellor a ti e aos teus", os medios de comunicación apresúranse a lanzar as listas dos mellores o que sexa de 2007, e os equipos de fútbol buscan novos reforzos para o seu equipo no mercado de inverno. Un abrazo, Bita

Día 30


Cada vez está máis cerca o Fin de Ano e iso nótase moito no ambiente. A miña nai xa a comprado as uvas, e o inicio de 2008 intúese moi próximo nas mentes de todos. Agora mesmo estou escoitando a canción Mr. Brownstone, de Guns n' Roses. Sae unha frase da canción neste blog abaixo á dereita. Esta canción fala da adicción dun membro do grupo á heroína, aínda que nunca a nomea directamente na letra da canción. Poreivos unha foto de Slash, o guitarrista principal. Pero bo, volvo ao tema. O 2008 está case encima. A ver que nos depara o ano novo. Un abrazo Bita, ata pronto.

Día 29


Hoxe, como non, foi outro día bastante aburrido. Aínda que, en realidade, pensándoo ben, buscándo a verdade, rebuscando polo fondo, doume conta de que pór que foi bastante aburrido é como estar mentindo. Como dicía D. Afonso: -¡¡¡Hai que ser auténtico!!!-. Aínda que eu non vou a cabrearme como el cando o diga. "Unha empresa é como un xigantesco reloxo, onde todas as engrenaxes encaixan", iso era o que dicían nun dos anacos (cachos) de película que o púñanos na súa charla. A verdade, se vos dais conta, isto de escribir un caderno de bitácora é bastante aburrido. Hoxe non vos contei nada do que me pasou o 29 de Decembro e con todo eu non incumprín nada do que di D. José Vizoso. Bo, polo si ou polo non resúmovos en tres palabras o que fixen o día 29 de Decembro: Levanteime, comín e deiteime. Non fixen máis nada que fose digno de mención. Un abrazo, Bita

Día 28





Hoxe foi un día bastante aburrido. Pola mañá simplemente vin a tele, lin e xoguei á Play. Bastante aburrido. Pola tarde estiven escoitando música, e escoitei unha canción que me gusta moito. Chámase Honky Tonk Women, e é do grupo The Rolling Stones. Esta canción viña no disco que me regalaron por Reyes en casa dos meus avós (véxase Día 24). A continuación porei unha imaxe dos Rolling Stones. Un abrazo, querido Bita.

Día 27


Hoxe foi un día moi pouco ineteresante. Escoitei unha canción chamada Welcome to the Jungle duns tíos chamados Guns n' Roses. Foi moi divertido. Non podo escribir máis. Adeus Bita.

Día 26


Hoxe almorcei pola mañá, e a verdade que foi moi interesante. Estaba eu untando unha inxente cantidade de manteiga na miña deliciosa torrada cando un intrépido mosquito coouse pola fiestra. Lanzoume unha mirada amenazadora e despois desviou o seu rumbo cara ao brazo da miña irmá, que lle propinou un lapote. O valente mosquito, soltou un suspiro e dixo: Que pena deixar este mundo, sen probar as pipas facundo. Despois funme ao xardín a xogar ao fútbol e o resto do día transcorreu de forma normal e ordenada.

martes, 8 de enero de 2008

Día 25


Hoxe foi Nadal. Para os que non o saiban, hoxe naceu Jesús. Si, ese tio. Jesús. O mesmo. El. E hoxe os Reis Meigos trouxéronlle ouro, incenso e mirra. Para os que non o saiban, os Reis Meigos eran tíos que seguían unha estrela. Se, eses tíos. Os Reis Meigos. Eles mesmos. Eles. Hoxe fun a casa dos miños outros avós. Tamén estaban os meus curmáns. Pasámolo moi ben. Foi moi divertido. Regaláronme unha sudadera, o FIFA 2008, e un abrazo. Un abrazo tamén para ti, Bita.

Día 24


Hoxe foi Noiteboa. E de verdade foi unha noite moi boa. Ja, ja e ja. Son moi cómico. Ja,ja e ja. Pasei a noite en casa dos meus avós, con todos os meus curmáns. Os "Reis Meigos" trouxéronme un disco dos Rolling Stones (chamado Hot Rocks, que contén todos os seus éxitos desde 1964 ata 1971), un pedal de distorsión(da marca Boss), e o xogo NBA 2K8, que me gusta moito. Un abrazo bita.

domingo, 6 de enero de 2008

Día 23


Hoxe foi o Real Madrid-Barça e o Real Madrid impúxose nun brillante partido por un gol de Baptista, que puxo o 0-1 no marcador e que xa sería o resultado definitivo. A destacar a gran formulación defensiva que fixo o Real Madrid durante todo o partido e a confirmación do descenso de Ronaldinho do trono de mellor futbolista do mundo. Un abrazo, caderno

Día 22

Hoxe funme a Madrid en coche, porque toda a miña familia vive alí. A viaxe dura seis horas, así que non é moi divertido, pero como me durmín paseimo un pouco mellor. Estiven escoitando unha canción de Guns n' Roses chamada "November Rain". Un bico, Bita.

viernes, 21 de diciembre de 2007

Día 21


Hoxe foi o último día do ano no que tivemos clases. Non traballamos case nada, e as imitacións que fixemos en inglés foron moi graciosas. Deséxovos a todos un feliz Nadal, especialmente a ti, querido caderno de bitácora. Póñovos unha imaxe da miña guitarra eléctrica

Biquiños

jueves, 20 de diciembre de 2007

Día 20


Hoxe foi OUTRO día moi divertido. Lle fixéramos un culín a Martín(rima). A súa cara púsose vermella e casi empeza a chorar, PERO É MOI MAXO así que no lle puteáramos moito. Un biquiño, querido caderno de bitácora, e FELIZ NADAL

martes, 18 de diciembre de 2007

Día 19


Hoxe foi OUTRO dia moi divertido. Tivéramos un examen de Ciencias Sociais, e eu estudiei moito.


Espero ter unha boa calificación. Hoxe xoga o Real Madrid.


FELIZ NADAL


Día 18


Hoxe foi un día moi divertido. Non trabaxádemos moito pola mañá, e pola tarde non fixéramos nada, só descansar.

O meu amigo Martín, creou un xogo moi divertido, case tan divertido como o que pasou hoxe. ¡Encantóume este día!

Se queredes entrar no xogo de Martín, haz click aquí